Olza, Inés (2012), "Fijo que este artículo te gustará": sobre el empleo de algunos fraseologismos pragmáticos en el lenguaje juvenil del español y el inglés ["I'm sure you’ll like this paper":

Description
Olza, Inés (2012), "Fijo que este artículo te gustará": sobre el empleo de algunos fraseologismos pragmáticos en el lenguaje juvenil del español y el inglés ["I'm sure you’ll like this paper": notes on the use of some

Please download to get full document.

View again

of 15
All materials on our website are shared by users. If you have any questions about copyright issues, please report us to resolve them. We are always happy to assist you.
Information
Category:

Advertisement

Publish on:

Views: 193 | Pages: 15

Extension: PDF | Download: 0

Share
Tags
Transcript
  Inés Olza: Fijo que este artículo te gustará : o emprego dalgúns fraseoloxismos pragmáticos na linguaxe xuvenil do español e do inglés   Cadernos de Fraseoloxía Galega  14, 2012, 203-217. ISSN 1698-7861   203       : o emprego dalgúns fraseoloxismos pragmáticos na linguaxe xuvenil do español e do inglés                         Inés Olza 1   GRADUN/ICS. Universidad de Navarra    Resumo: Este artigo presenta un estudo de diversos fraseoloxismos pragmáticos do español e do inglés que, en termos xerais, o falante emprega para expresa-lo seu compromiso respecto da verdade do que enuncia e isto intensifica a forza ilocutiva do seu acto de fala. Perséguese, deste xeito, caracteriza-lo status fraseolóxico destas expresións, o lugar que ocupan na periferia do sistema fraseolóxico e as funcións concretas que desempeñan no discurso, que van dende a expresión do compromiso epistémico ata a manifestación do acordo interactivo intensificado. A análise baséase, de xeito máis específico, na abundante presenza destas unidades nos córpora COLAm (español) e COLT (inglés) da linguaxe xuvenil, no que este tipo de expresións se empregan como fins de especial variedade e expresividade. Palabras clave: fraseoloxismos pragmáticos, español, inglés, linguaxe xuvenil, compromiso epistémico, intensificación.    Abstract: This article presents a study of several Spanish and English pragmatic idioms which, in broad terms, are used by speakers to convey their commitment towards what they express and thus serve to intensify the pragmatic/illocutionary value of a given speech act. We aim to define the  phraseological status of this set of expressions and the place they occupy within the periphery of Data de recepción 09/07/2012. Data de aceptación 16/10/2012.   Este estudo enmárcase nos proxectos de investigación  El discurso público: estrategias persuasivas y de interpretación , que levou a cabo o grupo GRADUN ( Grupo Análisis del discurso. Universidad de    Navarra ) no seo do ICS (Instituto Cultura y Sociedad) da Universidad de Navarra; e  Metodología del  Análisis del Discurso: propuesta de una lingüística del texto integral  , que o Ministerio de Ciencia e Innovación (ref. FFI2010-20416) subvencionou. 1  Traducido por Rosa Amarelle Pereira.   203 Cadernos de Fraseoloxía Galega  14, 2012, 203-217. ISSN 1698-7861 8-FRASEOLOXÍA-14.i i ndd         20322/02/13         9:10  Inés Olza. Fijo que este artículo te gustará: o emprego dalgúns fraseoloxismos pragmáticos na linguaxe xuvenil do español e do inglés   Cadernos de Fraseoloxía Galega  14, 2012, 203-217. ISSN 1698-7861   204  phraseology, and analyze their specific discursive functions, which range from the expression of the speaker’s epistemic commitment to the pragmatic intensification of agreement in interaction. Our analysis is based on the abundant presence of these idioms in the COLAm and COLT corpora of Spanish and English teenagers’ language, where they are used with particularly rich and varied expressive purposes. Keywords: pragmatic idioms, Spanish, English, teenagers’ language, epistemic commitment, intensification. 1. Fraseoloxía de valor pragmático e análises baseadas en corpus Desde que se consolidou como disciplina lingüística, a fraseoloxía foi desenvolvendo engorde nos últimos anos novas perspectivas de análise sobre certos tipos de unidades que semellaban afastarse, en certa medida, do prototipo inicial do que se deu en chamar  fraseoloxismo , unidade fraseolóxica , locución , expresión fixa  ou expresión idiomática , entre outras denominacións. Así, os estudos centrados en dar conta das propiedades formais (fixación) e semánticas (sobre todo, idiomaticidade) das unidades fraseolóxicas (UUFF) de contido básicamente léxico    en español, locucións como hablar por los codos  ou no tener donde caerse muerto , por exemplo  deron paso a traballos cada vez máis numerosos ocupados ora en examina-lo compoñente pragmático  dos fraseoloxismos 2 , ora en describir, de xeito máis específico, o comportamento das UUFF que posúen un  significado pragmático 3  e que, como tales, se   empregan como resortes da interacción verbal   pensemos, por exemplo, nas fórmulas rutineiras do español coas que un falante amosa desacordo: ni hablar   ou unas narices , entre outras  ; como marcadores do discurso   por exemplo, reformuladores: mejor dicho , es decir  , esto es , etc.  ; ou, máis en xeral, como partículas que expresan modalidade  este é o cometido das expresións que aquí nos ocupan    4 .   Consonte o que se explica nas seguintes páxinas (cf. esp. § 2), os fraseoloxismos de valor pragmático como os que aquí se analizan foron situados tradicionalmente na  periferia  do sistema fraseolóxico por mor dun conxunto variado de trazos: trátase, en moitas ocasións, de UUFF de contido semántico-pragmático analizable  e transparente , é dicir, de expresións cuxo significado composicional inicial motiva de modo accesible 2  Refírome, por exemplo, ás análises que dan conta das connotacións  e implicaturas  que activan as UUFF de contido léxico, e da repercusión que estas teñen no funcionamento da cortesía comunicativa  cf., verbo disto, as contribucións de Mellado Blanco (en prensa) e Penadés Martínez (en prensa) que se inclúen no libro  Fraseopragmática (Olza y Manero Richard 2013), de próxima aparición  . 3  Aludo aquí ás expresións que levaron a un segundo plano o seu significado conceptual inicial a favor do que algúns autores (cf., entre outros, Náray-Szabó 2008) definiron como unha idiomaticidade  de tipo  pragmático . Dito doutro xeito, a definición do contido deste tipo de UUFF non se leva a cabo en termos de “descrición dalgún tipo de realidade”, senón en termos de “desempeño dunha función pragmático-discursiva”. Por exemplo, unha fórmula rutinaria como ni hablar   iniciou o seu percorrido de fraseoloxización como secuencia descritiva de “unha acción concreta  falar    que non se leva ou quere/pode levarse a cabo” e que pasou máis tarde a desempeñar de modo xeral a función pragmática “negación ou recusación expresiva” (Pérez-Salazar Resano 2009). 4  Cf. Olza (2011b) e González Ruiz e Olza (2011) para a análise doutras UUFF de valor modal do español que non acaban de atopar un oco entre as categorías que se mencionaron  fórmulas rutineiras e marcadores do discurso  .   Inés Olza: Fijo que este artículo te gustará : o emprego dalgúns fraseoloxismos pragmáticos na linguaxe xuvenil do español e do inglés 204 Cadernos de Fraseoloxía Galega  14, 2012, 203-217. ISSN 1698-7861 8-FRASEOLOXÍA-14.i i ndd         20422/02/13         9:10  Inés Olza: Fijo que este artículo te gustará : o emprego dalgúns fraseoloxismos pragmáticos na linguaxe xuvenil do español e do inglés   Cadernos de Fraseoloxía Galega  14, 2012, 203-217. ISSN 1698-7861   205 o seu significado fraseolóxico pragmático (cf. a nota 3) 5 ; funcionan como unidades suxeitas  tamén con moita frecuencia   a un grao considerable de variación    formal  ; e son expresións que adoitan amosar un comportamento  sintáctico-discursivo  verdadeiramente  flexible . Ás dificultades de análise que presentan estes dous últimos trazos (variabilidade formal e flexibilidade sintáctico-discursiva) engadíuselles, ademais, a necesidade de estudar este tipo de UUFF nos seus contextos reais  de emprego  de xeito paradigmático, dentro da conversa coloquial   ; e isto esixe o acceso a bancos de textos orais reais .    Nos últimos anos, este labor viuse facilitado dun xeito decisivo pola construción dun número crecente de córpora orais e tamén  aínda que estas fontes deben tomarse coa debida cautela científica   pola consolidación de espazos importantes de “oralidade escrita”, é dicir, pola proliferación na rede de foros, chats  e outras vías de interacción escrita que, na realidade, “transcriben” discursos de trazos prototipicamente conversacionais. Así, a análise de §§ 2 e 3 basearase de modo fundamental en testemuños que se extraeron dos dous córpora orais  COLAm 6  e COLT 7    que se  puxeron á disposición da comunidade investigadora; e, en menor medida, nalgunha mostra adicional tirada da internet. 2. Os fraseoloxismos obxecto de estudo Préstase atención neste traballo ás seguintes UUFF do español e do inglés, ás que de momento podemos atribuír  de modo xeral   a función de expresar  de modo (máis ou menos) paralelo nas dúas linguas   un grao moi alto ou máximo de compromiso epistémico, é dicir, de compromiso do falante respecto da verdade do que enuncia (cf. Olza 2011 a: 3.6.3.2 e 3.8.3.2):  seguro/fijo (que) e me juego/apuesto […] (a que),  en español; e  (I am) sure (that) e  I (bet)   […] (that) , en inglés. Estes catro fraseoloxismos aparecen representados no corpus COLAm e COLT (cf. as notas 6 e 7) por: 82 testemuños   seguro (que)  ; 20 testemuños   fijo (que)  ; 1 testemuño  me  juego/apuesto   […] (a que)  ; 61 testemuños  (I am) sure (that)  ; e 114 testemuños  – (I) bet […] (that)    8 . Este corpus de testemuños achega información abundante para 5  Volvendo ó exemplo de ni hablar   (cf.  supra ), o significado composicional da unidade (“negativa a falar de algo”) consegue motiva-la función pragmática (“negación expresiva”) que esta fórmula se especializou en realizar. 6  COLAm: Corpus Oral de Lenguage Adolescente de Madrid  , dirixido pola Dra. Annette Myre Jørgensen (Universidade de Bergen, Noruega). http://www.colam.org/om_prosj-espannol.html 7  COLT: Corpus of London Teenage Language, dirixido pola Dra. Anna-Brita Strenström (Universidade de Bergen, Noruega). http://www.hd.uib.no/colt/ 8  Engado dous apuntamentos de carácter contrastivo. Aínda que as UUFF do español e do inglés que se seleccionaron presenten evidentes paralelismos na súa motivación semántica e no seu valor pragmático actual, os datos cuantitativos que ofrecen os corpus COLAm e COLT fan pensar que me juego/apuesto   […] (a que) e  I (bet) […] (that)  non poden considerarse como equivalencias contrastivas en sentido pleno, dado o chamativo desequilibrio que amosan na súa frecuencia de uso. Do mesmo xeito, parece que o inglés non desenvolveu unha alternativa (máis) coloquial para (I am) sure (that) , como, en cambio, fixo o español coa parella  seguro (que)  e  fijo (que) . Son consciente de que se poderían facer máis  puntualizacións contrastivas das UUFF seleccionadas para a análise. Non obstante, debo sinalar que o meu obxectivo principal é o de caracterizar de xeito paralelo nas dúas linguas o emprego destas expresións na linguaxe xuvenil, incidindo máis, se cadra, nos aspectos nos que o inglés e o español parece que conflúen (cf. tamén infra  o sinalado en § 2.1).   Inés Olza: Fijo que este artículo te gustará : o emprego dalgúns fraseoloxismos pragmáticos na linguaxe xuvenil do español e do inglés 205 Cadernos de Fraseoloxía Galega  14, 2012, 203-217. ISSN 1698-7861 8-FRASEOLOXÍA-14.i i ndd         20522/02/13         9:10  Inés Olza. Fijo que este artículo te gustará: o emprego dalgúns fraseoloxismos pragmáticos na linguaxe xuvenil do español e do inglés   Cadernos de Fraseoloxía Galega  14, 2012, 203-217. ISSN 1698-7861   206 a caracterización fraseolóxica (cf. § 2) e pragmático-discursiva (cf. § 3) que se leva a cabo nas páxinas que seguen.   Preséntase, logo, a continuación unha análise deste tipo de expresións como unidades fraseolóxicas, é dicir, como unidades idiomáticas    nun grao   variable   no nivel   semántico e    fixas    aínda que tamén con certas restricións   no nivel formal; e, ademais,  flexibles  no seu funcionamento sintáctico-discursivo. 2.1. Características semánticas Malia pertenceren ó mesmo paradigma de UUFF relacionadas coa expresión de compromiso epistémico, as unidades do español e do inglés que se citaron posúen diferenzas  leves, iso si   canto ó seu nivel de idiomaticidade, é dicir, que o “salto” semántico apreciable entre a súa lectura literal e o seu significado fraseolóxico  pragmático é máis ou menos amplo segundo o caso: Seguro (que) Me juego/apuesto […] (a que) Fijo (que) (I am) sure (that) (I) bet […] (that) + Idiomaticidade    NIVEL GLOBAL DE IDIOMATICIDADE: BAIXO Figura 1. Grao de idiomaticidade das UUFF obxecto de estudo  Neste sentido, o compromiso coa verdade do enunciado  significado pragmático destas UUFF   en  seguro (que)/ (I am) sure (that)  e me juego/apuesto   […](a que)/ (I) bet […](that)  pode inferirse de xeito algo máis directo do que en  fijo   que , que esixe levar a cabo a inferencia “algo fixo”  “algo seguro”  “algo que permite afirmar con seguridade”. Agora ben, malia estas matizacións, resulta evidente que, consonte o sinalado na Figura 1, o significado pragmático de todos estes fraseoloxismos está altamente motivado e que, por iso, este conxunto de unidades posúe de xeito global un nivel baixo  ou moi baixo   de idiomaticidade. Como se indicou en § 1, esta transparencia semántico-pragmática  é a que explica  entre outras razóns que se glosarán tamén a continuación   que UUFF coma estas se situaran tradicionalmente na  periferia do sistema fraseolóxico. E, no caso que nos ocupa  análise paralela do español e do inglés  , é a que facilita que poidan atoparse diversas correspondencias contrastivas  entre este conxunto de UUFF (cf. as reflexións contrastivas incluídas na nota 7). 2.2.Fixación e variabilidade  O lugar que ocupan estas expresións dentro da periferia fraseolóxica determina, de igual xeito, o grao considerable de variabilidade formal   ó que están suxeitas 9 . Por algo as unidades me juego/apuesto   […] (a que) e (I) bet […] (that)  posúen unha casa baleira 9  Cf. as reflexións de Montoro del Arco (2005) e Alvarado Ortega (2008) verbo da posibilidade de considera-la variabilidade/variación como unha propiedade máis das unidades fraseolóxicas.   Inés Olza: Fijo que este artículo te gustará : o emprego dalgúns fraseoloxismos pragmáticos na linguaxe xuvenil do español e do inglés 206 Cadernos de Fraseoloxía Galega  14, 2012, 203-217. ISSN 1698-7861 8-FRASEOLOXÍA-14.i i ndd         20622/02/13         9:10  Inés Olza: Fijo que este artículo te gustará : o emprego dalgúns fraseoloxismos pragmáticos na linguaxe xuvenil do español e do inglés   Cadernos de Fraseoloxía Galega  14, 2012, 203-217. ISSN 1698-7861   207 10  que se completa, á vontade do emisor, con calquera compoñente que denote algo valioso para el hablante (y/o para el oyente). É aquí onde se pon en xogo, por tanto, a creatividade e intencións comunicativas do falante, pois o compoñente que se escollera  para enche-la casa pode corresponderse coas opcións máis habituais  en español, por exemplo, lo que quieras  (cf. infra  o testemuño 1)   ou pode resultar progresivamente máis inédito e expresivo  lo de   una hostia  (sic) ou my life , nos exemplos (2) e (3),   respectivamente  :   1.   Síndrome del Norte, para tu información yo soy de O Porriño y me juego lo que quieras  a que no tienes la más remota idea de dónde ubicarlo en el mapa de España, sin usar el Google Maps. Chat, Y  a hoo.com  (9/5/2012) 2.   A: eso también lo sé hacer yo B: no B: [es mazo de feo] A: [qué te apuestas\] <pausa/> B: me apuesto o o lo de una hostia COLAm. A=MALCE4G01, B=MALCE4G02C 11   3.   This is where your old age brain needs polishing. Asian is a term we use to describe people from that continent. We are Europeans and, but British. Asia is a vast area, massive with hundreds of cultures and languages. Our concern, and I bet my life  I will be accused of racism but it is in God’s name the truth, is the Pakistani community. Comentario en web,  Lancashire Telegraph  (18/5/2012) A linguaxe dos mozos, a das webs e dos   chats  é, precisamente, unha das máis axeitadas  para atoparmos un alto grao de creatividade na variación formal destas UUFF e a mostra son exemplos coma os que se acaban de citar. A segunda vía de variación á que están suxeitas as nosas UUFF relaciónase co feito de que a súa constitución formal se condense en función do seu emprego discursivo concreto. Neste sentido, hai que resalta-las bases dalgunhas delas   seguro, fijo, sure    poden funcionar de xeito independente como marcas de compromiso epistémico 10  Baséome aquí na proposta de Montoro del Arco (2008), que formula unha distinción entre as locucións con “casas libres”, que son aquelas cuxo oco na forma citativa se enche cun elemento dun paradigma  pechado: en (este/ese/aquel)   caso , por exemplo (2008: § 4); e as que posúen, en cambio, unha “casa  baleira”, que se completa cunha categoría verbal plena e dá lugar a realizacións das UUFF que se opoñen léxica e referencialmente (2008: § 5). Aproveito esta última noción para describi-lo tipo de variación formal ó que están suxeitas as UUFF que aquí analizamos, pois presentan unha casa de contido léxico “predefinido” (‘algo valioso para o falante’), que conta cunha gama diversa de posibles realizacións (cf. infra ). 11  Os testemuños extraídos dos corpus COLAm y COLT reprodúcense respectando as convencións de transición que os investigadores responsables destes córpora fixan (estas convencións lístanse no portal electrónico de cada corpus; cf. as notas 5 e 6). De igual xeito, ó final de cada un deles indícase o código fixado para os falantes que interveñen en cada intercambio.   Inés Olza: Fijo que este artículo te gustará : o emprego dalgúns fraseoloxismos pragmáticos na linguaxe xuvenil do español e do inglés 207 Cadernos de Fraseoloxía Galega  14, 2012, 203-217. ISSN 1698-7861 8-FRASEOLOXÍA-14.i i ndd         207 22/02/13         9:10
Related Search
Similar documents
View more...
We Need Your Support
Thank you for visiting our website and your interest in our free products and services. We are nonprofit website to share and download documents. To the running of this website, we need your help to support us.

Thanks to everyone for your continued support.

No, Thanks